Monday, December 31, 2012

LEO BASSI e a IGREXA PATÓLICA

Son boas datas para fundar unha igrexa. Como o apreciado Leo dí: "O feito de facer rir é un acto santo. Quero santificar a comicidade, xa que inducir á risa é un dos grandes valores da humanidade. A risa é algo divino" Seguiremos desde aquí os pasos de apostolado que este tempo precisa. Amén


Friday, December 28, 2012

As TIC nas AULAS

Pasando por Redeiras (REDE SOCIAL DA XUNTA) topei referencia do artigo de Mario Aller en educacontic sobre a lingua escrita na era dixital. Como case todo o que este profesional propón, hai unha boa simbiose entre a documentación, a creación e a síntese. Das moitas reflexións e propostas que nos daba, quedeime, polo que me atinxe neste momento, coa presentación de Jordi Adell sobre os bos e malos usos das Tic na aula.



Thursday, December 13, 2012

Stop LOMCE

Na páxina de YO ESTUDIE EN LA PUBLICA topei este video do sempre mestre e pedagogo Frato. Canto levo aprendido con este home! Que clarividensia!

Thursday, December 06, 2012

MUSEOS

Enlace da educativa web tinglado.net  cun traballo de Javier Escajedo Arrese. Segue o enlace facendo clic na imaxe e segue as actividades
Os museos son espazos dedicados á conservación, exposición e/ou promoción de obras humanas destacadas polo seu valor artístico, técnico, científico ou en todo caso de especial relevancia cultural. Aquí temos acceso virtual aos museos do Prado, Thyssen, Dalí, a Capela Sixtina e unha excelente exposición virtual en torno á obra de Monet. Contamos con visitas virtuais e con actividades interactivas en liña útiles para traballar a área da Expresión Artística nas etapas educativas Primaria e Secundaria.