Monday, September 30, 2013

Naukas 2013 (II)

Este aloxamento temporal mentras eitb.com nos dá acceso ás conferencias de Naukas ben nos permitirá disfrutar deste marabilloso encontro de científicos dispostos a divulgar e compartir os seus coñecementos e as súas inquedanzas.





PEDRA PAPEL TESOIRA

Rock-Paper-Scissors: You vs. the Computer

O diario New York Times ofrécenos a posibilidade de xogar contra a computadora a este popular xogo no que o ordenadora imita o razonamento do xogador contrario e vai desenvolvendo a súa estratexia en base a regras siples e medias estatísticas. Hai dous modos de xogo: Novato, onde o programa aprende nas partidas e Veterano, onde parte da experiencia de 200.000 partidas previas.
Sabemos que falta a variante con LAGARTO, SPOK pero sirve para ir entrenando

A Xogaaar!



Saturday, September 28, 2013

NAUKAS 2013

Aquí recolleremos algunhas conferencias de NAUKAS 2013

MONÓLOGO DE HUMOR: THE BIG VAN THEORY




O físico Sergio Palacios considera que o humor é unha das chaves da divulgación científica




TXEMA CAMPILLO: COMO HACER ESPAÑA GEOGRÁFICAMENTE MÁS GRANDE

SERGIO PALACIOS: DE VIEIRAS, SUBMARINOS Y ESPERMATOZOIDES:


LA DIDÁCTICA DEL JUEGO DE TRONOS

Wednesday, September 04, 2013

"Usos constructivos e instructivos de las TIC en el aula"

Imprescindible conferencia de Jordi Adell reflexionando acerca das tecnoloxías e a pedagoxía e a súa complexa relación.


Saturday, August 24, 2013

Claudi Alsina e as mates

Para Todos la 2 - Entrevista: Claudi Alsina, las mátemáticas en nuestras vidas

 Imos poñer varias entradas adicadas ó querido profesor Claudi Alsina. A primeira é unha entrevista en RTVE ó fío da pubicación do libro "Los asesinos matemáticos atacan de nuevo":





Friday, July 05, 2013

Conferencia de KEN ROBINSON

Magnífica conferencia na que se repasan as razós do fracaso escolar e se glosan algunhas trazas das sementes de posibilidades de mellora: "How to escape education's death valley". Ten que chover, ten que chover . . . a mares!!

Sunday, April 21, 2013

Do libro de texto á escola 2.0

Con ideas para ensinar e aprender dentro do necesario cambio metodolóxico, Ana Basterra comparte con nós as súas propostas de reflexión e de pasos que podemos ir dando día a día, apuntando criterios nos que nos debemos fixar e importantes apartados que debemos atender.

Saturday, April 06, 2013

Xeoxebra e probabilidade

O sabio profesor Manuel Sada Allo regálanos esta presentación para animarnos a traballar tamén a probabilidade con xeoxebra.






Friday, March 22, 2013

Sunday, March 03, 2013

Outra ristra de deberes para o profe

Seguindo a Jordi Adell (@jordi_a) en twitter dei co enlace a esta páxina que presenta un interesante resume das habilidades que un ensinante do século XXI debe ter. En próximos enlaces seguiremos dándolle voltas.


Wednesday, February 27, 2013

TODO POLA PASTA

A raíz da declaración de guerra do tal WERT sobre a necesidade de estudar pola pasta, oin que se puxera de moda este vide de Allan Watts. Sempre está ben trinta e tantos anos despois aquelo de botar man da "contracultura" e aquelas lecturas de T. Roszak e compañía que non sei se nos servían para ligar ou para tentar entender que estaba pasando. O caso é que xusto hoxe, repasando os enlaces do reader me topo co mesmo video nas páxinas dos meus dous principais gurus desto das tic e do twitter: a lola de nololamento e o néstor alonso de her proffessor potachov. É inevitable. Debo recordalo.

TITORIAL YOUTUBE,

Para xestionar unha conta en YOUTUBE, é precisa moita intuición, lectura sosegada das posibilidades e tempo para facelo ben. Este titorial topado con dereitos de autorx e todo. . . nos facilita a chollo


Saturday, February 16, 2013

Que se lixe a troika

Canto tempo sen pasar por aquí. Na miña memoria van desaparecendo páxinas que a estaEs alturas non sei se foron queimadas ou levadas polo vento. Sen trascendencias, por favor, non reparas que chirría . . .
Non creo que sexa o comezo dunha nova etapa. Eso sí, é o primeiro deste 2013. Non é que espertara agora ou non pasara nada interesante nestes días. Non coincidira.


E mira por onde, menos mal que nos queda Portugal, recuperamos presenza co himno do Zeca Afonso utilizado como despertador de conciencias. Todos a unha!!!