Wednesday, February 27, 2013
TODO POLA PASTA
A raíz da declaración de guerra do tal WERT sobre a necesidade de estudar pola pasta, oin que se puxera de moda este vide de Allan Watts. Sempre está ben trinta e tantos anos despois aquelo de botar man da "contracultura" e aquelas lecturas de T. Roszak e compañía que non sei se nos servían para ligar ou para tentar entender que estaba pasando.
O caso é que xusto hoxe, repasando os enlaces do reader me topo co mesmo video nas páxinas dos meus dous principais gurus desto das tic e do twitter: a lola de nololamento e o néstor alonso de her proffessor potachov. É inevitable. Debo recordalo.
TITORIAL YOUTUBE,
Para xestionar unha conta en YOUTUBE, é precisa moita intuición, lectura sosegada das posibilidades e tempo para facelo ben. Este titorial topado con dereitos de autorx e todo. . . nos facilita a chollo
Saturday, February 16, 2013
Que se lixe a troika
Canto tempo sen pasar por aquí. Na miña memoria van desaparecendo páxinas que a estaEs alturas non sei se foron queimadas ou levadas polo vento. Sen trascendencias, por favor, non reparas que chirría . . .
Non creo que sexa o comezo dunha nova etapa. Eso sí, é o primeiro deste 2013. Non é que espertara agora ou non pasara nada interesante nestes días. Non coincidira.
E mira por onde, menos mal que nos queda Portugal, recuperamos presenza co himno do Zeca Afonso utilizado como despertador de conciencias. Todos a unha!!!
Non creo que sexa o comezo dunha nova etapa. Eso sí, é o primeiro deste 2013. Non é que espertara agora ou non pasara nada interesante nestes días. Non coincidira.
Subscribe to:
Posts (Atom)
