A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) presentou a campaña “Orgullosos/as do noso, orgullosos/as do galego” na que participan persoeiros como Martiño Rivas,
María Castro, Susana Seivane, Antón Reixa… (Tedes toda a información e materiais no seguinte enderezo: http://www.coordinadoraendl.org/orgullo)
Evidentemente a Coordinadora non ten os medios económicos para poder poñer eses anuncios na radio nin na televisión.
E aquí é onde ven o favor que che quería pedir, que contribúas a difundir esta campaña. Como?
Pois de moitas maneiras: enviando correos electrónicos aos vosos amigos/as, poñendo estes materiais nas redes sociais nas que estades (Facebook, Tuenti…), subindo os vídeos aos blogs ou páxinas nas que colaborades, escribindo sobre eles (os que colaborades na prensa), animando aos vosos amigos xornalistas a que falen deles, aproveitando os materiais que se poñen á vosa disposición (camisetas, pegatinas…)... e de outras moitas maneiras que seguro que se che ocorren.
Graciñas pola túa colaboración.
Un saúdo e unha aperta.
No comments:
Post a Comment